MIP xestiona
MIP aporta solucións de futuro para problemas do presente. MIP cre na relación directa cos seus clientes para axudalos a atopar os sistemas de xestión máis adecuados á realidade de cada proxecto. O noso reto: converter a acción cultural en resorte de cambio e desenvolvemento dos territorios. O noso obxectivo: apoiar aos nosos clientes no día a día, crecer xuntos. Axudar á elección dunha ruta óptima para alcanzar as súas metas con paso firme.


MIP traballa con múltiples institucións, tanto públicas como privadas, nun esforzo entre o que destacamos a nosa colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, coa que a nosa empresa firma un proxecto de colaboración no eido da acción cultural e socioeducativa enfocado a nenos entre 6 e 12 anos a través do videoxogo. MIP desenvolve os produtos “Os Sostibles” e “Misión EOS”, promovidos pola Secretaría Xeral de Igualdade co obxectivo de educar en valores de igualdade, sostenibilidade e aforro enerxético.
MIP conta co capital técnico e humano necesarios para afrontar grandes retos. A nosa empresa conta cun amplo abano de profesionais especializados no ámbito da informática e xestión de sistemas informáticos, así como da acción cultural e sociocultural. Contamos cos medios técnicos e o capital humano necesarios para xestionar proxectos que incidan nos dous eidos de actuación das novas tecnoloxías e a acción sociocultural e educativa, xa que na filosofía da nosa empresa está fundir estes dous ámbitos no convencemento de que xestionamos o presente con ferramentas de futuro

