MIP nace no ano 1996 como empresa adscrita ao eido das novas tecnoloxías e vive un momento de expansión cara outros nichos de mercado. Nos trece anos de andaina da nosa empresa traballamos con clientes dos máis diversos ámbitos, tentando sempre que a nosa compañía medre a través da seguridade dos nosos clientes na nosa capacidade dunha xestión eficaz e personalizada.
Cremos na idea da cultura como elemento catalizador para o desenvolvemento dos pobos. Cremos na cultura como obxecto de distinción da riqueza cultural de cada territorio. Cremos na acción cultural e a dinamización sociocultural como primeira pedra para construír un país de futuro e con futuro.
Mip dende 1996 achega ás organizacións solucións de tecnoloxías da información como unha ferramenta de mellora da súa competitividade.
O noso reto: converter os seus sistemas informáticos na súa mellor ferramenta de traballo.
Partindo da tecnoloxía máis actual, ofrecémoslles solucións adaptadas a cada necesidade, independentemente da dimensión, sector ou situación de partida da empresa.
O noso obxectivo: apoiarlle no día a día, crecer xuntos… Asesorándolle na elección dunha ruta óptima para alcanzar as súas metas con paso firme.


Somos xestores de recursos tecnolóxicos
Escoitamos aos nosos clientes. Analizamos a súa situación e os seus obxectivos. Organizamos os sistemas informáticos e dotámolos dunha metodoloxía de uso que permita obter deles o máximo rendemento. Co deseño de medidas preventivas e plans de continxencia minimizamos os riscos, asegurando desta forma a continuidade do negocio.
A nosa misión é rendibilizar os investimentos en recursos tecnolóxicos para adaptalos ao plan de negocio. Propomos solucións idóneas para aquelas áreas que detectamos son susceptibles de mellora e executamos os procedementos adecuados para desenvolvelas.

